• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Parroquia de CabovilañoVoltar a listaxe de Parroquias

Linda ao norte coa parroquia de Lendo, ao sur coa de Vilaño, ao leste coas parroquias de Torás e Vilaño e ao oeste con Lemaio.  

 

Ten unha superficie de 7 km² e os lugares que a compoñen son: Ambroa, O Amieiro, Arén, A Braña, A Braña Grande, A Cacharra, O Campón, O Cancelo de Abaixo, O Cancelo de Arriba, O Cancelo do Medio, Cardois, A Casanova, O Castro, O Chamusco, A Costa, O Cuartel, O Feal, Fermelle, A Forxa, O Grixario, A Lagarteira, Os Mouriños, Nogán, Oldán, Padronelo, O Quinto, Raxido, A Rega, O Regado, As Ribas, Riotorto, O Salgueiral, Sande, A Teixoeira, A Telleira, A Torre, Trasande, O Vilar e Xeriz.

A particularidade da poboación de Cabovilaño é que, a pesar de ser unha parroquia rural, durante os últimos anos aumentou o número de habitantes nos núcleos que están situados ao longo da C-552, como son A Telleira, O Cancelo, O Regado e A Braña Grande.

Cabovilaño, igual que Lestón e Torás, goza dunha situación privilexiada con respecto ás vías de comunicación, xa que a estrada comarcal AC-552 a percorre desde o principio (A Telleira) ao fin (A Braña Grande), así como a autoestrada AG-55, que ten unha saída-entrada no lugar do Cancelo (enlace coa Laracha).

Xeograficamente podemos destacar que está bañada polo Río Vilán, tamén coñecido como Rego de Quenxe. Un signo a destacar na importancia histórica desta parroquia é a existencia de fortificacións castrexas como as existentes no lugar do Castro (A Lagarteira).

Dispón de servizos como saneamento e abastecemento de auga na maioría dos núcleos de poboación, pista polideportiva e centro sociocultural.

A proximidade á zona do Polígono Industrial impulsará o crecemento desta parroquia, tanto económica como demograficamente.