• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

FAQ - Preguntas frecuentes

¿A onde debo dirixirme para solicitar bolsas de estudos municipais?

Debes dirixirte á Oficina de Información Xuvenil, situada na segunda planta da Casa do Concello. A convocatoria é anual e publícase no BOP. Non hai un prazo fixo, pero normalmente coincide co comezo de cada curso escolar.

¿A onde podo dirixirme para que me asesoren na realización do meu currículo?

Á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, situada no segundo andar da Casa do Concello.

¿A quen debo avisar no caso de avaría no subministro de auga?

Debe dirixirse á empresa concesionaria AQUAGEST, cuxa oficina está na Avda. de Fisterra, 109 baixo. A Laracha.

O teléfono de contacto é 981 605 713.

¿Cando e onde podo solicitar o permiso de queima?

Os permisos para a realización de queimas son expedidos pola Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.

A solicitude debe realizarse vía telefónica no 902 112 000.

¿Cando se paga o IBI?

As datas varían, pero xeralmente coinciden entre os meses de setembro e novembro.

¿Cando se paga o imposto de vehículos?

No primeiro semestre do ano. Hai un prazo de dous meses que, normalmente, coincide entre marzo e maio.

¿Como podo cambiar o enderezo dun recibo en caso de domiciliación?

Nalgúns impostos pódese realizar o cambio desde o Concello. Noutros casos é necesario modificar o enderezo desde a entidade bancaria ou desde a Deputación (Avda. de Cádiz, 5. A Coruña).

¿Como podo solicitar o uso dun pavillón polideportivo ou das pistas de pádel?

Debes dirixirte ao departamento de cultura e deportes, situado no segundo andar da Casa do Concello, ou chamar ao 981 605 001 para consultar a dispoñibilidade.

O abono da taxa pode realizarse no propio Concello ou por transferencia bancaria.

¿En que oficina de emprego se anotan os demandantes de emprego da Laracha?

Os demandantes de emprego residentes na Laracha rexístranse na Oficina de Emprego de Carballo.

¿Existen puntos de acceso gratuítos á Internet?

Para acceder a Internet pode dirixirse a

Todas as persoas que estean empadroadas no Concello da Laracha teñen puntos de acceso gratuítos á Internet nas bibliotecas municipais da Laracha e de Caión.

© 2017 Concello da Laracha. Aviso legal

Contacto