Aprobada con carácter definitivo a expropiación urbanística dos terreos afectados pola ampliación da estrada entre Santa Margarida e a DP-2404
O Concello investirá 62.600 euros na compra das 65 parcelas afectadas pola mellora da vía que tamén discorre por A Baiuca, Goexe, O Sopé e Propeste. Na Xunta de Goberno Local tamén foron clasificadas as ofertas do procedemento de contratación dos servizos de limpeza e conserxería de edificios, instalacións municipais e centros de ensino.