• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Últimas novas sobre o Concello da Laracha

  • EN MARCHA AS OBRAS DE URBANIZACIÓN EXTERIOR E MELLORA DO PAVILLÓN DO CEIP OTERO PEDRAYO

    As obras referidas á urbanización exterior e á mellora do equipamento do pavillón do CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha xa están en fase de execución. José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, Jesús Souto, edil de Urbanismo e Obras Públicas, comprobaron persoalmente o desenvolvemento das primeiras actuacións previstas. Os traballos estanse acometendo sen interferir na actividade que se desenvolve tanto no polideportivo como no propio recinto do colexio.

  • AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO COMEDOR DO CEIP ALFREDO BRAÑAS DE PAIOSACO ENTRAN NA SÚA FASE FINAL

    Avanzan a bo ritmo de execución as obras de construción do comedor do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco. José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, José Ramón Martínez Barbeito (tenente alcalde) e Patricia Bello (edil responsable da área de Ensino) desprazáronse hoxe ao colexio, onde se reuniron coa directora, Agripina Alfeirán, e coñeceron in situ o resultado das actuacións realizadas.

  • A PRÓXIMA SEMANA COMEZARÁN AS OBRAS DE URBANIZACIÓN EXTERIOR E MELLORA DO PAVILLÓN DO CEIP OTERO PEDRAYO

    O Concello da Laracha investirá con fondos propios municipais a cantidade de 60.000 euros na mellora do equipamento e na urbanización exterior do pavillón do CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha. A recente entrada en vigor dos novos orzamentos xerais municipais permite agora dispoñer das partidas económicas contempladas para tal fin cando foron deseñados os presupostos no pasado mes de decembro.

  • O NOVO PAVILLÓN DO CEIP RAMÓN OTERO PEDRAYO DA LARACHA XA ESTÁ A DISPOSICIÓN DO CENTRO

    O Concello da Laracha deu por rematadas recentemente as obras de construción da estrutura, as gradas e as pistas do novo pavillón do CEIP Ramón Otero Pedrayo e puxo as instalacións a disposición do centro para ser empregadas polos alumnos do colexio en horario escolar. Durante as próximas semanas tamén se irá trasladando a este lugar a actividade de varias escolas deportivas municipais como as de baloncesto, patinaxe e fútbol sala.

Contacto