O Concello saca a licitación o proxecto de reforma integral da reitoral de Montemaior
O histórico inmoble será transformada nun edificio que funcionará como punto de encontro para a veciñanza, centro de referencia para o sector primario e albergue xuvenil. O proxecto, valorado en 713.000 euros, financiarase a través do Fondo de cooperación para actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio.