O programa ‘Coidados Porta a Porta’ regresa á Laracha en novembro
Ofrece servizos asistenciais de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía a persoas maiores de 55 anos. Os interesados en beneficiarse desta iniciativa da Consellería de Política Social deben reservar cita previa gratuíta por teléfono ou correo electrónico.