• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Últimas novas sobre o Concello da Laracha

  • ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL DA LARACHA

    Despois das excelentes experiencias dos últimos veráns, o Concello da Laracha volverá organizar, por cuarto ano consecutivo, un campo de traballo internacional, iniciativa que se levará a cabo na primeira quincena do mes de agosto coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

  • ENTREGADOS OS DIPLOMAS DOS CURSOS FORMATIVOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO E A CÁMARA DE COMERCIO

    José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, Rocío López, edil responsable da área de Promoción Económica, e María Fernández en representación da empresa Cendá Gestión Creativa, encargada de impartir as accións formativas, fixeron hoxe entrega dos diplomas aos alumnos que participaron nos cursos para mozos de ata trinta anos de idade que se impartiron no Concello da Laracha baixo a organización da Cámara de Comercio da Coruña. O acto desenvolveuse nas instalacións da Casa da Cultura da Laracha.

  • O ALCALDE RECIBE NO CONCELLO AO CLUB DE SALVAMENTO ACUÁTICO DA LARACHA

    José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, encabezou a representación do goberno local que recibiu no Concello ao equipo directivo, adestradores e os preto de medio centenar de deportistas do Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL). O rexedor municipal quixo recoñecer deste xeito os excelentes resultados obtidos nos diferentes campionatos de inverno nos que participou o club nas últimas semanas, sempre representando ao Concello da Laracha.

  • FINALIZAN OS CURSOS FORMATIVOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO E A CÁMARA DE COMERCIO

    Os cursos formativos para mozos de ata trinta anos de idade que se impartiron no Concello da Laracha baixo a organización da Cámara de Comercio da Coruña remataron hoxe coa celebración do acto de clausura nas instalacións do centro sociocultural de Lendo, ao que asistiron o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Emprego e Promoción Económica, Rocío López.

  • ASINADO O CONVENIO ENTRE O CONCELLO E O C.B. LARACHA PARA XESTIONAR AS ESCOLAS MUNICIPAIS DE BALONCESTO

    O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e Eliseo Velo en representación do Club Baloncesto Laracha, asinaron hoxe o convenio de colaboración a través do que o club asumirá a xestión das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto durante o actual ano 2017. Ambas entidades tamén manterán unha estreita cooperación na planificación, organización e realización das actuacións necesarias para o fomento desta disciplina deportiva nas categorías de base.

  • O CIM DA LARACHA MÓSTRASE COMO REFERENTE NACIONAL NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ANTE ENTIDADES DE HUNGRÍA, ITALIA, REINO UNIDO E BULGARIA

    A Casa da Cultura da Laracha acolleu  o encontro entre o alcalde, José Manuel López Varela, e a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha, Ana Aldao, cos trinta e dous participantes no seminario transnacional xuvenil ReAct to Protect: against domestic violence (Reacciona contra a violencia de xénero), do que forman parte municipios e entidades de España (Asociación Xuvenil Joy), Hungría (Tar Község Önkormányzata), Italia (Associazione Antares de Sicilia), Reino Unido (New International Company of Live Arts) e Bulgaria (Ladies’ Club Pavlikeni). 

  • O CONCELLO PRESENTA O NOVO PORTAL MUNICIPAL DE EMPREGO, PIONEIRO NA COMARCA

    O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a edil responsable da área de emprego, Rocío López, acompañados por Eduardo Méndez, responsable da empresa Labrax Soluciones, presentaron este mediodía o novo portal municipal de emprego que xa está operativo no dominio www.alaracha.es/emprego.

     

  • COMEZAN A IMPARTIRSE OS CURSOS FORMATIVOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO E A CÁMARA DE COMERCIO

    A Casa da Cultura da Laracha acolleu hoxe o acto de presentación das accións formativas que se impartirán baixo a organización do Concello da Laracha e da Cámara Oficial de Comercio, Servicios, Industria y Navegación de A Coruña. A finalidade esencial  destes programas é ampliar os coñecementos e capacidades profesionais de mozos de entre 18 e 30 anos de idade para mellorar a súa empregabilidade e ofrecerlles novas posibilidades de integración no mercado laboral.

Contacto