O presidente da Illa do Príncipe visita A Laracha para coñecer boas prácticas do Concello en materia ambiental
Foi recibido por unha representación do goberno local e responsables de Coregal e a Fundación Galicia Sustentable. A comitiva desprazouse ao punto limpo e tamén á area verde do parque empresarial, que será obxecto da primeira actuación piloto dentro do plan estratéxico ambiental Alanat.