O Concello presenta á Xunta de Galicia un novo proxecto de obradoiro dual de emprego
Tería unha duración de 12 meses e contaría con 20 alumnos traballadores. Realizarían a reforma dos centros socioculturais de Erboedo e de Cumiáns e actuacións no paseo fluvial do Anllóns, a carballeira de San Fins, o campo de fútbol de Vista Alegre e o Castro de Montes Claros.