O alcalde recibe ao comité de empresa de Celsa Atlantic para mostrarlles o apoio do Concello
José Manuel López Varela interesouse pola situación actual dos traballadores da factoría e comprometeuse a secundar as súas reivindicacións para conservar o emprego. A planta siderúrxica xera douscentos postos de traballo entre directos e indirectos.